O Concello de Bóveda rehabilita a Fonte de Piñeiro cunha axuda da Xunta de 13.600 euros

O Concello de Bóveda vén de rehabilitar a Fonte de Piñeiro, emprazada na parroquia de Martín, grazas a unha subvención do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia por importe de 13.600 euros. En concreto, o Goberno local solicitou unha axuda para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinada aos municipios

O Concello de Bóveda sumouse a esta convocatorias para corrixir o impacto paisaxístico causado polo mal estado de conservación da fonte e tendo en conta o seu deterioro.

Actuación

Os traballos que se levaron a cabo consistiron na demolición do muro de bloque de formigón ata a cota das escaleiras de acceso, a execución dunha estrutura de contención a base de estacas de madeira e vargos colocados en posición horizontal, a reposición da canalización das augas, a substitución do cano da fonte e a instalación dunha varanda de protección.

A maiores, e por conta do Concello de Bóveda, instalouse un banco en madeira e unha pérgola para que os veciños e veciñas poidan darlle un novo uso a este lugar, como espazo de lecer. O rexedor, José Manuel Arias, explica que desde o banco “hai unhas vistas extraordinarias do Val de Lemos”, polo que é un lugar idóneo para poder empregar por parte da veciñanza.

Anterior A exposición itinerante “Manuel Rodríguez López 2.0” chega ao Concello de Bóveda